Recursos externos e ferramenta de autor:
AulaPlaneta: Canal de youtube
Contido remoto Edebé
FERRAMENTA DE AUTOR
A nova “Ferramenta de autor para a xeración de contidos” integra as seguintes funcionalidades:
- Xeración de exercicios de distinto tipo que poden ser utilizados como recurso complementario no Entorno Virtual de Aprendizaxe.
- Xeración de contidos que poden ser enriquecidos con arquivos multimedia (imaxes, vídeos, audios, etc.). O profesor poderá achegar todo o contido estático que necesite para completar a información que necesita expoñer.
- Creación de proxectos que se poderán configurar como unidades didácticas complementarias utilizando os exercicios e contidos creados previamente, conformando a ferramenta de interacción co estudante e co resto da comunidade.
- Posibilidade de publicar os proxectos en formato SCORM directamente na plataforma e-Dixgal.
- Capacidade para compartir proxectos e xerar un espazo común de traballo entre os profesores.
Módulos principais
A Ferramenta de Autor está composta por tres grandes módulos nos que se agruparán as diferentes funcionalidades que permitirán realizar as seguintes tarefas:
- Módulo Exercicios : agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar os diferentes tipos de exercicios como actividades a presentar ao estudante. Estas actividades poderán ser clasificadas do seguinte xeito, atendendo as súas características e modo de presentación da información:
- Exercicios avaliables : poden ser utilizados polo profesor para avaliar os grado de coñecemento adquirido polo estudante.
- Contidos interactivos: son recursos que permiten ao profesor presentar a información de xeito máis visual coa incorporación de distintos elementos, como imaxes, exercicios avaliables, presentacións, ...
- Módulo Contidos estáticos : agrupa as funcionalidades para crear, modificar e eliminar o contido explicativo sobre un determinado tema. Pode ser utilizado para a configuración de contido fixo a través do editor avanzado que permite a combinación de texto, vídeo, audio... en distintos parágrafos.
- Módulo Proxectos : desde este módulo poderá configurarse un proxecto para un/s curso/s e materia/s determinada/s utilizando os recursos educativos previamente creados (exercicios e/ou contidos) conformado as unidades didácticas complementarias para presentar aos estudantes ou a comunidade. As funcionalidades dispoñibles desde este menú son:
- Crear, modificar, eliminar un proxecto
- Publicar en formato SCORM directamente na plataforma EDIXGAL.
- Compartir proxectos nun espazo de traballo